21 octubre 2014

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Área de Lingua Inglesa ESO

A continuación publicamos os criterios de cualificación na área de Lingua Inglesa para ESO para o curso 2014-2015:

O sistema de cualificación para os instrumentos de avaliación sería o seguinte:

Probas : Levaranse a cabo distintas probas ó longo do trimestre tendo importancia todas e cada unha delas o tratarse dunha avaliación contínua, sumativa e progresiva. As probas que se poden levar a cabo son as seguintes:
Probas específicas de vocabulario, Listenings comprehension, reading comprehension, Writing sobre diferentes tópicos e Speaking para valorar a sua competencia en expresión oral. 
As probas poderán ser postas con aviso ou simplemente ó chegar a clase para comprobar se os alumnos seguen o desenvolvemento da mesma e fan as tarefas propostas polo profesor ou profesora. Todas estas probas significarán o 30% da nota da avaliación.

O exame de avaliación contará cos seguintes apartados:
vocabulario,gramática, lectura comprensiva, expresión escrita e expresión oral. Esta última parte se fará avisando ó alumno coa suficiente antelación para que prepare o tema na casa e o expoña diante do profesor/a cando se lle indique.
A proba oral non se levará a cabo o mesmo día. Será noutra sesión .
Tanto a proba escrita como a proba oral é acumulativa así que incluirá todo o traballado ó longo do trimestre, non quedando eliminados os contidos de trimestres ou cursos anteriores. O valor da proba escrita é de :50%.
Para que a proba conste como superada na súa globalidade terá que superar cada unha das partes da que consta a mesma.( vocabulario,gramática,lectura comprensiva e expresión escrita).
A proba oral terá un valor de :20 %.
A nota final de Xuño obterase cunha media artmética ponderada tendo en conta os seguintes pesos: A nota da primeira avaliación multiplicarase por 1 , a nota da segunda avaliación multiplicarase por 2 e a nota da terceira avaliación multiplicarase por 3.
Na convocatoria extraordinaria de Setembro o valor otorgado ó exame escrito será de 70% e a proba oral 30%.
Valorarase o uso das novas tecnoloxías, o traballo na aula, a participación, o interese pola materia, a realización dos deberes, a presentación e organización do caderno..dentro do 30% destinado a diferentes probas ó longo do trimestre.
Os criterios de cualificación son comúns para tódolos cursos.
O alumno que non supera a asignatura no mes de xuño terá unha proba extraordinaria no mes de setembro. Será unha proba escrita cos mesmos apartados que a proba de xuño e unha breve proba oral que se levará a cabo no mesmo día .

No hay comentarios:

Publicar un comentario